SETE GALEGOS PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NA COPA DE EUROPA DE TRÍATLON DE MELILLA

16 de Abril de 2015

Galicia estará representada por sete deportistas (Uxío Abuín, Ricardo Hernández, Antonio Serrat, Andrés Cendán, Alberto Castiñeira, Melina Alonso e Inés Santiago) na Copa de Europa de Triatlón de Melilla, que se celebrará o domingo 19 de  abril nesta localidade autónoma situada no norte de África.

A categoría júnior será a protagonista no inicio da xornada deportiva. A proba feminina comezará as 9.00 horas e na mesma participará Inés Santiago (Tríatlon Ferrol). Na masculina (10.05 horas) contaremos coa participación de Andrés Cendán (Tríatlon Compostela) e Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse). As distancias nesta proba son de 750 metros no sector de natación, 20 quilómetros en bicicleta e 5 de carreira a pe.

A elite feminina comezará ás 15.00 horas e Galicia estará representada por Melina Alonso (Tríatlon Ferrol), mentres que na elite masculina (18.00) contaremos con Uxío Abuín (Tríatlon Arteixo), Ricardo Hernández (Tri-Penta Terras de Lugo) e Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo). A proba celebrarase sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pe) e a natación realizarase no mar Mediterráneo.

 

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...