O DÍA 18 DE ABRIL CELEBRARASE EN SANTIAGO O CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN

16 de Abril de 2015

O sábado 18 de abril celebrarase o XIII Duatlón Cidade de Santiago, que é ademais o Campionato Galego de Duatlón, no que participarán 174 deportistas.

Entre os favoritos na proba masculina destacan Brais Canosa (Arcade Inforhouse), Brais Misa (Atletismo Porriño) ou Enrique Morán (Atletismo Porriño) que loitarán polo título de campión galego. Brais Canosa é o actual campión galego, polo que defende o seu título.

Entre as mulleres, Camila Alonso (Tríatlon Ferrol), María Martínez (Atletismo Porriño), Sara Guerrero (Tríatlon Ferrol), María Ortega (Tri-Penta Terras de Lugo) ou Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo)  auguran unha gran competición. Na competición feminina participarán 35 deportistas.

O Galego terá varias saídas: A proba feminina comezará ás 18:00 horas, e a masculina, ás 18:30 horas. A saída, transición e meta estarán instaladas no estadio de San Lázaro e destaca a dureza do circuíto de bicicleta, cunha ascensión de 2,5 quilómetros en cada volta e 500 metros especialmente complicados, cun desnivel do 10 por cento. As distancias serán de 5 quilómetros de carreira a pe, 18,5 de bicicleta e 2,5 de carreira.

Con anterioridade (16:30 horas) celebrarase unha proba popular con distancias máis curtas (2.500 metros -13,2 quilómetros- 1.250 metros).

Campións 2014. Brais Canosa (Arcade Inforhouse) e Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse o pasado ano campións galegos de Duatlón, no XII Duatlón Cidade de Santiago. Na proba masculina gañou o Duatlón Cidade de Santiago Alexis Rodríguez (Cidade de Lugo), que non é galego.

 

Quizáis che interese…