Solicitude participación no Programa de Tecnificación e Rendemento (GST/GIF) para acudir a COPAS CONTINENTAIS E DO MUNDO 2024

1 de Febreiro de 2024

Convocatoria solicitude participación no Programa de Tecnificación e Rendemento (GSI) FEGATRI  

COPAS CONTINENTAIS E DO MUNDO (Elite/Junior)

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno dentro do programa de tecnificación e rendemento 2024, ten establecido o apoio a deportistas con licenza galega pertencentes a clubs galegos de interese federativo, para a súa promoción deportiva nacional e internacional.

Conforme ao anterior  ábrese prazo de solicitude para acceder á colaboración anterior para  deportistas que estén aceptados/as na lista de inscrición de Copas continentais ou do mundo, na proba elite ou junior, e desexen formar parte do programa representando á FEGATRI.

Condicións Programa Tecnificación- (Selección Galega ):

O/A Deportista formalizará a inscrición no  programa a través da plataforma de inscricións para deportistas que se inscriban por primeira vez no programa e non teñan o tritraxe da FEGATRI a cota será de 70,00 €  a través de TPV. Deportistas que xa partipasen en probas internacionais representando á FEGATRI terán bonificado o 100% da cota de inscrición.

A FEGATRI realizará convocatorias específicas para as viaxes que considere obxectivo da participación internacional da selección galega (GSI) indicando cal será a súa aportación en cada unha e garantirá a través da inscrición a participación do/a deportista co tritraxe oficial FEGATRI, encargandose da súa xestión se fose necesario.

Contacto Xunta Directiva para xestión de tallaxe e modelo de tritraxe selección

  • Adrián Vázquez Fernández (Responsable de Menores)
  • Tlf. 646.609.171
  • email menores@fegatri.org

Formalización da solicitude a través da plataforma de inscricións co abono da cota de xestión do tritraxe da FEGATRI no caso necesario.

https://www.rockthesport.com/es/evento/programa-tecnificacion-e-rendemento-grupo-de-interes-federativo-2024-copas-continentais-e-world-tria

 

Quizáis che interese…