SUSANA RODRÍGUEZ DISPUTARÁ A SEGUNDA PROBA DAS SERIES MUNDIAIS EN ISEO

29 de Xuño de 2018

Susana Rodríguez Gacio (Mar de Vigo) disputará mañá (18:00 horas) en Iseo (Italia) a segunda proba das Series Mundiais de Paratríatlon, na categoría PTVI (para deportistas con discapacidade visual).

Esta será a segunda proba das Series Mundiais deste ano que disputa Susana xunto a súa nova guía Paula García Godino. A parella xa está adestrando en Italia xunto ao seu adestrador Luis Piña e as sensacións son boas e os ánimos están moi altos, a pesares de que a competencia será dura. A lista de saída é moi competitiva e entre as participantes estarán Amy Dixon, Atsuko Maruo ou Alison Patrick.

As distancias son de 750 metros de natación, 21 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pe. Na primeira proba, disputada en Yokohama en maio, Susana logrou o triunfo, despois de facer unha magnífica carreira e cunhas transicións moi boas.

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...