O tríatlon galego foi premiado na Gala do Deporte de Vigo e Comarca, que se celebrou onte. A paratriatleta Susana Rodríguez Gacio foi elixida coma a mellor deportista viguesa do ano 2013, mentres que Antonio Serrat recibiu o galardón de mellor deportista promesa.
Susana logrou no pasado ano o título de campioa de España de duatlón, mentres que a nivel internacional logrou varias medallas: Bronce no Europeo de Tríatlon e prata, nos Campionatos do Mundo de acuatlón e tríatlon 2013.
Pola súa banda, Antonio Serrat logrou a medalla de prata no Campionato de España júnior de duatlón, e a nivel internacional logrou meterse no top-ten tanto no Europeo coma no Mundial: Foi sétimo europeo e noveno, no Mundial. Recolleu o seu premio, a súa irmá Irene, porque o deportista está concentrado en Chile co grupo de Alto Rendemento do CGTD.