GRAN PARTICIPACIÓN GALEGA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE DUATLÓN CONTRA O RELOXO POR EQUIPOS E DE RELEVOS

20 de Marzo de 2014

Esta fin de semana celebrarase en Noia os campionatos de España de Duatlón Contra o reloxo por equipos e por relevos, cunha enorme participación de clubs galegos, que buscarán loitar polos primeiros postos.

Campionato de España de Duatlón Contra o reloxo por equipos.  Celebrarase o sábado (a partir das 14:30 horas) e no mesmo participarán un total de 78 equipos masculinos e 29 femininos nas categorías elite e open.

Segundo establece a normativa deste campionato, cada club só pode presentar un equipo na proba elite. Nesta oportunidade, destaca a enorme participación de clubs galegos aproveitando que a proba se celebra en Galicia e os desprazamentos son moi curtos. Así, na proba elite masculina hai un total de 50 equipos masculinos dos cales 13 son galegos (A.D. Fogar, Arcade Inforhouse, Beariz Tríatlon, Natación Riveira, Olímpico de Vedra, Tríatlon Coruña, Tríatlon Morrazo, Dexter Tríatlon Compostela, Team Corbelo, Tri Ourense, Tríatlon Ferrol, Motobike e Trinity Tríatlon).

Na categoría feminina competirán polo título de campión de España un total de 25 equipos dos cales catro son femininos (Tri-Penta Terras de Lugo, Arcade Inforhouse, Olímpico de Vedra e Motobike).

Esta proba disputarase sobre a distancia sprint (5 quilómetros de carreira a pe, 20 quilómetros en bicicleta e 2,5 quilómetros de carreira a pe). Cada equipo pode estar formado por entre 4 e 6 integrantes, que terán unha saída individualizada por club e o tempo queda marcado polo cuarto integrante que chega á meta.

Campionato de España de Duatlón por relevos. É unha nova modalidade que se estrea este domingo 23 en Noia. Neste torneo os equipos están formados por tres deportistas e cada un deles realizará un pequeno duatlón (2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta e 1 de carreira a pe).

En elite masculino participarán un total de 34 equipos entre os que destacan catro galegos (Galaico Cidade de Pontevedra, Dexter Tríatlon, Olímpico de Vedra e Club Natación Riveira), mentres que na feminina participarán 21 equipos e só dous galegos (Terras de Lugo e Olímpico de Vedra).

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...