Varios galegos, no Campionato de España de Tríatlon de Media Distancia

12 de Maio de 2017

O sábado 13 de maio (14:00 horas) celebrarase a Half Triathlon Pamplona-Iruña,  que este ano é ademais Campionato de España de Tríatlon de Media Distancia, coa participación de varios triatletas galegos que tentarán loitar polos primeiros postos.

Entre os inscritos parece que os galegos con máis opcións ao podio son Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) ou Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial), pero sen esquecer a outros coma Cristóbal Dios (Tri-Penta), Miguel Ángel Acosta (Cidade) ou Ismael López (Tríatlon Vilagarcía). Gustavo é un dos habituais nesta longa distancia, onde se atopa moi cómodo e Pablo acaba de dar o salto a estas distancias máis longas e parece que lle encaixa moi ben. Ambos xa se enfrontaron en Orihuela, con triunfo para o tudense e segunda posición para Dapena.

As distancia son de 1.900 metros no pantano de Alloz, 85 quilómetros de ciclismo e 21 quilómetros de carreira a pe. O pasado ano Gustavo venceu nestra proba en Pamplona.

 

Quizáis che interese…

Challenge Mogán Gran Canaria

Challenge Mogán Gran Canaria

LoChallenge Mogán Gran Canaria Mañá sábado 24 de Abril, Pablo Dapena e Ivan Raña competirán cos millores triatletas de...