SUSANA RODRÍGUEZ: “O QUINTO POSTO DÉIXAME UN SABOR MOI AGRIDOCE”

13 de Setembro de 2016

Susana Rodríguez xa está camiño de volta para Vigo trala súa participación nos Xogos Paralímpicos de Río na proba de paratríatlon categoría PT5. Aí a nosa deportistas acadou unha quinta posición (diploma olímpico) que non a deixa completamente satisfeita, según explica: “Un quinto posto está moi ben. É un diploma olímpico, pero bueno, deixame  un sabor moi agridoce, porque despois de facer unha gran natación, unha das mellores que fixen na miña vida e unha carreira a pe tamén moi decente, tras traballar moitísimo este verán, fixemos un sector de ciclismo moi por debaixo da nosa capacidade, o cal nos deixou fóra totalmente da loitar polas medallas”. A viguesa sabía que a medalla “ía estar moi cara, complicada, pero vista a situación de carreira, creo que o sector de bici foi decisivo”.

Cualificou a súa experiencia en Río coma “inesquecible” e destacou dúas cousas: “A cerimonia de inauguración e o feito de saber que a través do deporte se pode chegar a ilusionar a tanta xente: familia, amigos, compañeiros do clube, xente do mundo do tríatlon en xeral… A verdade é que eu non era consciente de toda a xente que estes días ía estar pendente do meu traballo  aquí nos Xogos”.

Agora toca descansar un pouco e xa comeza a pensar na próxima cita de Tokio: “Non sei se estarei, pero se o consigo,  tentarei facelo mellor”.

Susana rematou con agradecementos para “toda a xente que estes días, estes anos, cada día, me axudan e se preocupan por mín. Isto é quizáis o máis grande”.

 

Quizáis che interese…

O Anillo Cáceres

O Anillo Cáceres

Esta fin de semana celébrase no Anillo (Cáceres) as competicións nacionais e internacionais de...