SUSANA RODRÍGUEZ, PRATA NA PROBA MUNDIAL DE PARATRIATLON EN FRANCIA

18 de Xullo de 2015

A viguesa Susana Rodríguez acadou unha meritoria medalla de prata na proba mundial de Paratriatlon que se disputou hoxe en Iseo (Francia). Foi unha segunda posición con valor extra, xa que a galega e a súa guía sufriron unha caída na bicicleta que lles impediu gañar a proba.

 

Susana, que compite na categoría PT-5 para deportistas con discapacidade visual, chegaba a esta proba con algunhas dúbidas polas malas sensacións que tiveron no Europeo de Ginebra hai so uns días. Afortunadamente en Iseo todo foi ben diferente. As sensacións foron moi positivas, sobre todo porque remataron segundas a pesar dunha caída na bicicleta ao realizar un xiro complicado, que lles fixo perder máis dun minuto. A primeira posición foi para a australiana Katie Kelly, que corre cunha guía que foi subcampioa olímpica, cun tempo de 01:17:33, mentres que segunda foi Susana Rodríguez (01:18:01) coa súa guía Mayalen Noriega.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.