SUSANA RODRÍGUEZ, PRIMEIRA NO RANKING DE CLASIFICACIÓN PARALÍMPICA DE PT5

20 de Setembro de 2015

Trala disputa do Campionato do Mundo de paratriatlon en Chicago, a galega Susana Rodríguez Gacio encabeza o ranking  da clasificación Paralímpica de Río na categoría de PT5 (deportistas con discapacidade visual).

Susana, que logrou a medalla de bronce mundialista en Chicago, ocupa a primeira posición cun total de 1.114 puntos, mentres que na segunda posición está Patricia Wals (Estados Unidos) con 1.069. A terceira posición é para Katie Kelly (Australia) con 1.000 puntos.

Despois do bronce acadado o venres, Susana ten case medio billete para os Xogos Paralímpicos de Río, onde o tríatlon entra por vez primeira no programa paralímpico.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.