SUSANA RODRÍGUEZ RECIBE UNHA BECA DA FUNDACIÓN IBERDROLA

4 de Decembro de 2013

A triatleta viguesa Susana Rodríguez Gacio, estudante de quinto curso de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu unha beca da Fundación Iberdrola.

As “Bolsas Fundación Iberdrola” van dirixidas a deportistas beneficiarios do Plan ADOP que estean a cursar estudos universitarios e consisten en sufragar o custo da matrícula do curso que estean a realizar, máis unha bolsa de estudos de 490 euros mensuais durante o período lectivo (10 mensualidades por ano natural).

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.