SUSANA RODRÍGUEZ, SEGUNDA NA PROBA DAS SERIES MUNDIAIS DE ISEO

30 de Xuño de 2018

Susana Rodríguez Gacio (Mar de Vigo) acadou a segunda posición na segunda proba das Series Mundiais de Paratríatlon de Iseo (Italia), na categoría PTVI (para deportistas con discapacidade visual).

A galega, xunto a súa guía Paula García Godino, saiu da auga moi preto de Alison Patrick (Gran Bretaña), a só cinco segundos. Na bicicleta, Susana foi recuperando a distancia ás B1, e puideron poñerse na segunda posición antes de que rematase o segmento de bicicleta. Pero a británica foise escapando pouco a pouco para firmar así a vitoria final cun tempo de 1:08:23. A segunda posición foi para Susana Rodríguez Gacio (1:10:06) e terceira foi Amy Dixon (USA).

https://www.triathlon.org/results/result/2018_iseo_franciacorta_itu_world_paratriathlon_series/322992

 

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...