SUSANA RODRÍGUEZ VENCE NA COPA DO MUNDO DE PARATRÍATLON DE ÁGUILAS

7 de Maio de 2018

A primeira proba seria da tempada para Susana Rodríguez Gacio (Mar de Vigo) foi superada de forma ampla. A viguesa, xunto coa súa guía Paula García Godino, gañou a proba PTVI (para deportistas con discapacidade visual) da Copa do Mundo de Paratríatlon de Águilas.

A galega foi tremendamente superior ás súas rivais e fixo en solitario tanto a bicicleta coma a carreira a pe. O triunfo foi para Susana cun tempo de 01:14:06, con Annouk Curzillat (Francia) na segunda praza (01:20:40) e Vita Oleksiuk (Ukrania), terceira (01:25:50). Esta proba era case un ensaio de cara a primeira proba das Series Mundiais de Paratriatlon, que se celebrará esta próxima fin de semana en Yokohama.

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...