SUSPÉNDESE O III DÚATLON CIDADE DE VIGO (CIRCUÍTO)

8 de Marzo de 2018

COMUNICADO SUSPENSIÓN III DÚATLON CIDADE DE VIGO (CIRCUÍTO):

Suspendida provisionalmente a proba III Dúatlon Cidade de Vigo (Circuíto) motivado polo cambio de data do Campionato de España de Dúatlon por Clubs e Relevos Mixtos que se ía celebrar esta fin de semana en Boiro e que foi aprazada para o fin de semana do 24 e 25 de Marzo, coincidindo coa proba de Vigo. Esta proba foi aprazada por mor da climatoloxía adversa prevista pola AEMET para esta fin de semana.

Dende a organización da proba estase a estudar a posibilidade de ubicala nunha data alternativa.

Polo momento queda pechado o acceso ás inscricións. No caso de non poder celebrarse a proba, as inscricións realizadas ata o momento serán devoltas vía TPV.

 

FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.