Triatletas Galegos

triatletas galegos

30 de Maio de 2022

Esta fin de semana tivemos presenza de triatletas galegos polo mundo. Comezamos o sábado cos juniors disputando o Campionato de Europa en Olsztyn. Os nosos representantes, Andrés Prieto e Elsa Pena, fixeron unha gran competición coa selección española, conseguindo a posición 20 e 15 respectivamente, na categoría Junior e cun excelente sexto posto na proba de remudas mixtas. 

andres prieto y elsa pena triatletas galegos

Na proba de paratriatlon a galega Susana Rodríguez acadou a victoria e Gustavo Rodríguez entrou na posición oitava facendo de guía do triatleta Héctor Catalá.

Na Copa do Mundo de Arzachena o triatleta galego Antonio Serrat acadou a posición 20, nunha proba liderada polo triatleta británico Jonathan Brownlee e na que o triatleta das filas do Tríatlon Inforhouse de Santiago, Alberto González, fíxose coa sexta praza da proba. Na proba feminina, cabe destacar o grandísimo posto da triatleta do Tríatlon Ferrol, Miriam Casillas, entrando a pocos segundos do podio na quinta posición.

Mención especial para Mónica Flores que tamén estivo na proba como Delegada Técnica da Copa do Mundo de Arzachena. 

miriam casillas triatlon ferrol

Foto de World Triathlon

Ademáis tivemos presencia galega no Mallorca Olympic Triathlon, coa victoria do triatleta pontevedrés Pablo Dapena e no Epic Triathlon cun segundo posto moi traballado da galega Saleta Castro.

pablo dapena en triatletas galegos

Xa en Galicia, disputouse unha nova edición do Tríatlon Popular do Concello de Oleiros, onde Beatriz Tenreiro do Triatlon Santander e Abel Souto do Tríatlon Coruña acadaron a victoria da proba.

A continuación os deixamos os enlaces de todas as probas.

COPA DE EUROPA CHAMPIONSHIP OLSZTYN
COPA DO MUNDO DE ARZACHENA
PARATRIATLON CHAMPIONSHIPS OLSZTYN
MALLORCA OLYMPIC
EPIC TRÍATLON
TRIATLON DE OLEIROS

 

 

Quizáis che interese…