O Tríatlon galego triunfa outra fin de semana máis

antonio serrat e alarza fetri

8 de Xuño de 2021

Excelente resultado do tríatlon galego nas probas desta fin de semana.

Antonio Serrat segue en estado de gracia e consigue un meritorio octavo lugar na proba das Series Mundiais de Leeds, loitando entre os millores triatletas do Mundo. Xavi Gómez Noya tivo que retirarse despóis de verse involucrado nunha caída no sector bici, pero evoluciona ben e xa está preparando os próximos obxetivos.

antonio serrat e alarza fetri

Podes ver un resumen da proba masculina a través do Canal de Youtube de World Triathlon.

Mención especial para a paratriatleta galega Susana Rodríguez, que conseguíu a victoria na súa categoría e Gustavo Rodríguez como Guía do paratriatleta español Hector Catalá, conseguindo un gran segundo posto nunha proba moi traballada pola parella española.

triatlon galego fegatri

 

A nivel nacional, esta fin de semana era o turno do Campionato de España de Tríatlon SuperSprint en Águilas, onde o Cidade de Lugo Fluvial foi o gran vencedor da proba, acadando os títulos masculinos e femininos na categoría 2×2 o domingo e o Campionato de España por Clubes femenino e masculino o sábado. Na proba de relevos parellas, os gañadores tamen foron galegos, coa victoria do Náutico de Narón na categoría feminina e o Cidade de Lugo Fluvial na masculina.

nautico de naron-Relevos-Parejas-Femenino triatlon galego cidade de lugo fluvial-parellas masculino triatlon galego

triatlon galego trifluvial

Foto do Instagram do Trifluvial. Noraboa rapaces.

 

 

Quizáis che interese…