Os galegos seguimos competindo

presentacion iii mar de muros triatlon

11 de Xuño de 2021

O sábado temos Copa Europa Coimbra Elite co obxectivo de tentar mellorar clasificación internacional dos deportistas, sen criterios FETRI específicos.

Deportistas galegos participantes: Andrés Cendán, Jorge González, Iago Lorenzo e Iria Rodriguez.

O domingo é o turno dos bolseiros do Centro de Tecnificación que viaxan ata Portugalete para disputar un clasificatorio para o Campionato de Europa Youth e outro para probas internacionais junior.

Proba Youth: Lucía Piñón, María Filgueiras, Sabela Caneiro, Vitoria Cóns e Alex Rodríguez.
Juniors: Carla Guisande e Alexandre Alvárez. A triatleta galega Elsa Pena non acudirá ao estar xa clasificada para o Campionato de Europa Junior.

Na localidade Vizcaína de Portugalete celébrase ademáis, a segunda proba clasificatoria para o Campionato de España de Tríatlon Sprint, onde tamén temos representación galega.

Categoría Feminina

AIRA GALBAN VITURRO TRIATLON INFORHOUSE SANTIAGO
ADRIANA PENSADO DEUS TRIATLON INFORHOUSE SANTIAGO
ANA MARIA SANTISO PRADO A.D. NAUTICO DE NARON
MARIA TANIA ALCALDE BALADO TRIATLON INFORHOUSE SANTIAGO
INES CASTAÑO GARCIA A.D. TRI-PENTA TERRAS DE LUGO
MIRIAM TRIGO CASTRO A.D. TRI-PENTA TERRAS DE LUGO

Categoría Masculina

JACOBO LUIS MULET GOMEZ CIDADE DE LUGO FLUVIAL
LEO SUAREZ URRUZOLA TRIATLON INFORHOUSE SANTIAGO

 

No Concello de Muros continuamos co tríatlon galego na proba popular III Mar de Muros Triatlón- Trofeo Iván Raña (Popular).

presentacion iii mar de muros triatlon

Podes consultar o horario de saídas na páxina do evento e recorda cumplimentar a declaración responsable que debes entregar firmada no momento da proba.

Moita sorte a todas e a todos. 💪💪💪

Quizáis che interese…