Tríatlon Olímpico e Gómez Noya

Triatlon Olímpico e Gómez noya

25 de Xullo de 2021

Hoxe 25 de Xullo celébrase o proba de Tríatlon Olímpico en Tokio, onde o galego Javier Gómez Noya formará parte do equipo español e tentará estar entre os millores triatletas do Mundo.

A partir das 23:30 hora española, todos os galegos e galegas estaremos frente o televisor para disfrutar de outra carrera épica onde o galego Javier Gómez Noya loitará para estar no podio como fai 9 anos en Londres, onde nos fixo vibrar e acadou unha meritoria medalla de prata frente os hermanos Brownlee, quedando para o recordo de todos e todas os que amamos este deporte tan apasionante.

triatlon olimpico e gomez noya

Despóis de non poder estar nos anteriores Xogos de Río por mor dunha desafortunada lesión, chega a Tokio coa ilusión de facer un bo papel.

Gómez Noya preparouse a reo durante estos últimos meses, aclimatándose as altas temperaturas de Tokio na cidade de Cozumel, co seu grupo de entrenamento e seguro que tratará de estar loitando cós millores.

Triatlon Olímpico e Gómez noya

O seu adestrador Carlos Prieto está en Tokio apoiando o triatleta e contounos as sensacións coas que chega o galego a esta cita dos Xogos Olímpicos.

As horas antes de unha gran cita sempre son importantes. Aunque xa temos todo o traballo feito, xestionar os días antes é clave. E este ano todavía máis, debido os continuos test Covid19 ós que os deportistas teñen que facer fronte. Estamos na liña de saída e Xavi sempre o da todo nestas probas.

Dende a Federación Galega de Tríatlon mandámoslle toda a nosa forza a Gómez Noya e xa sabedes, as 23:30 todos e todas a disfrutar do espectáculo do mellor Tríatlon do Mundo.

Quizáis che interese…