Trishark Narón, Campionato Xunta de Galicia Tríatlon SuperSprint categorías Cadete, Xuvenil e Junior

Cartel Trishark

23 de Xullo de 2021

O sábado 24 de Xullo temos tríatlon galego por partida dobre. Ademáis do Tricros Concello de Rianxo, temos o Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon SuperSprint para as categorías Cadete, Xuvenil e Junior no Trishark de Narón.

Proba organizada polo Náutico de Narón, o Concello de Narón, Toyota Breogán Motor e a Federación Galega de Tríatlon, patrocinada por oConsello Regulador da Agricultura Ecoloxíca (CRAEGA) e a colaboración do Concello de Narón, Lidl, Abanca, , a Fundación Deporte Galego e a Xunta de Galicia. 

Esta proba foi seleccionada para outorgar as prazas de CE Cadete Supersprint de acordo ás bases da Competición Federada de ámbito nacional.

Cartel Trishark

 

Podedes descargar a reunión técnica e máis información do evento na páxina da proba.

O/A Deportista é responsable de respectar as normativas vixentes de prevención e contención da propagación da COVID 19 e o protocolo específico da Federación Galega de Tríatlon certificado pola
Secretaría Xeral para o Deporte.
O/A Deportista debe entregar para acceder ao evento a súa declaración responsable de cumprimento do mesmo.

Descarga declaración Responsable

Segundo recolle o protocolo COVID-19 de aplicación á proba, é de obrigado cumprimento para todas as persoas involucradas no evento, o seguinte:

  • Manter a distancia interpersoal de 1.5 m en todo momento, antes, durante e despois da práctica
    deportiva e evitar o contacto físico.
  • Uso de máscara en todo momento, coa única excepción do momento da práctica deportiva.
  • Evitar lugares concorridos, aglomeracións de persoas ou saúdo con contacto físico.
  • Non acudir á proba en caso de presentar síntomas compatibles coa COVID-19, febre ou contacto estreito recente con positivos.
  • Manter a frecuente hixiene de mans e materiais que non se compartirán

En caso de detección, ou auto detección, de sospeita de COVID -19 no entorno da proba, seguiranse as directrices establecidas no punto 4.3 do protocolo FEGATRI. Infórmase aos/ás deportistas de máis de 60 anos de que existe un maior risco de consecuencias graves en caso de contaxio e recoméndase unha maior toma de medidas preventivas pola súa parte.

A proba terá unha zona acoutada para os/as deportistas. Máis información no documento acreditativo da reunión técnica da proba.

HORARIOS

15:30 Apertura secretaría da Competición e entrega de dorsais.
15:35 a 16:20 Control Material
16:25 Cámara de chamadas
16:35 Saída da proba (5 deportistas cada 15″)
17:15 Finalización da proba
17:20 Entrega premios

As/os deportistas deberán estar na cámara de chamadas, diante da súa bicicleta, 10 minutos antes da súa hora de saída.

PERCORRIDOS

Natación – 300 metros
Bicicleta de montaña – 6kms
Carreira – 1600 metros

CONSULTAR ORDEN DE SAÍDA

Ademáis do Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon Supersprint, celébrase unha proba popular de tríatlon Sprint.

Podes consultar toda a información na páxina do evento.

64 / 100

Quizáis che interese…