ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE EN PONTEALDU

14 de Maio de 2014

Se queredes participar na proba popular do Campionato do Mundo Pontevedra 2014, “PontealDU”, non tardedes en inscribirvos. Ante a numerosa participación no Mundial, a maior da historia, a organización viuse obrigada a fixar un límite de inscrición: 150 participantes. Desta forma, a inscrición permanecerá aberta ata cubrir os 150 deportistas.

O open PontealDU celebrarase o día 1 de xuño (10:15 horas) sobre distancia sprint (5 quilómetros de carreira a pé, 20 quilómetros de bicicleta e 2,5 de carreira a pé). Poden participar nesta deportistas das categorías júniors, sub 23, sénior e veteranos e haberá trofeo e medalla para os tres primeiros clasificados de cada categoría (e sexo).
podedes facer a inscrición a través da páxina web da Federación Galega de Tríatlon (www.fegatri.org) (apartado de Competicións/inscrición).

Quizáis che interese…