UXÍO ABUÍN, CAMILA ALONSO E MELINA ALONSO DISPUTARÁN A ÚLTIMA COPA DO MUNDO EN XAPÓN

27 de Outubro de 2016

 

Tres galegos (Uxío Abuín, Camila Alonso e Melina Alonso) disputarán o sábado 29 de outubro a última Copa do Mundo da presente tempada, que se celebrará en Miyazaki (Xapón). Tamén competirá con licenza galega o venezolano Luismi Velásquez.

A proba feminina comezará as 10:00 horas do sábado en Miyazaki (03:00 da madrugada en Galicia) e entre as inscritas estarán as irmás Alonso, Camila e Melina, que tentarán sumar puntos para o ránking mundial. As deportistas do Tríatlon Ferrol xa disputaron a pasada semana a Copa do Mundo de Corea, nesta mini-xira asiática.

Uxío Abuín (Tríatlon Arteixo) será o noso representante na proba masculina, que comezará ás 13:00 horas (06:00 horas). Chega feliz despois de acadar en Corea a súa primeira vitoria nunha Copa do Mundo e disposto a loitar polos primeiros postos con triatletas de gran nivel coma  Igor Polyanskiy, Ricardo Hernández ou Joao Silva. Ademais tamén disputará a proba o venezolano Luismi Velásquez, que adestra no Grupo de Alto Rendemento do CGTD con licenza galega.

Esta será a última cita do circuíto da Copa do Mundo e a proba disputarase sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pe).

 

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....