DEZ GALEGOS PARTICIPARÁN NA XII COPA ATLÁNTICA INTERNACIONAL DE PENTATLÓN MODERNO

10 de Xullo de 2014

Dez pentatletas galegos (cinco homes e cinco mulleres) participarán esta fin de semana na XII Copa Atlántica Internacional Youth de Pentatlón Moderno, que se disputará en Azeitão (Portugal).

A Federación Galega levará a este evento a unha destacada selección, que será dirixida polos técnicos Ruth Ballesteros e Marcos Rodríguez. Na proba masculina participarán Manuel Sotelo, Javier Pena, Martín Freije, Lucas Pena (alevín) e Óscar López (benxamín), mentres que na feminina estarán Aroa Freije, Yolanda Rodríguez, Mercedes Vila (benxamín), Ainhoa Corral (benxamín) e Claudia Gámez (benxamín).

O obxectivo é seguir medrando e para iso o mellor é poder competir con deportistas doutros países. Na Copa Atlántica de Portugal participarán as seleccións de Gran Bretaña, dun bo nivel, Portugal e Galicia, xunto a pentatletas doutros países europeos. As e os deportistas benxamíns e alevíns so farán as probas de natación e combinada, mentres que os cadetes incorporan esgrima.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.