UXÍO ABUÍN E MELINA ALONSO, OURO NA PROBA DE RELEVOS DO EUROPEO SUB 23

29 de Xuño de 2014

Os galegos Uxío Abuín e Melina Alonso lograron, xunto a Miriam Casillas e Chente Hernández, o título de campións de Europa por relevos mixtos sub 23, que se disputou hoxe en Penza (Rusia). Ademais na categoría youth, Andrés Cendán logrou o bronce na proba de relevos masculinos.

Onte celebrouse a proba individual deste campionato de Europa sub 23, con boas actuacións en xeral dos galegos, e hoxe as cousas saíron aínda mellor. A xornada comezou coa disputa do Campionato de Europa de Tríatlon Youth,que se efectúa na modalidade de relevos (masculino e feminino).

Na competición masculina Galicia levaba a un representante, Andrés Cendán, e cada equipo está formado por tres integrantes (Andrés Cendán, Javier Lluch e Alberto González) que deben facer un mini-tríatlon (250 metros de natación, 5 quilómetros de ciclismo e 1,6 quilómetros de carreira a pe). O primeiro en saír foi precisamente o galego, quen ademais realizou unha magnífica natación, que lle permitiu saír da auga en cabeza. Despois, á hora de facer a entrega da testemuña, o galego estaba nunha magnífica terceira posición por detrás dos británicos e os rusos. Lluch fixo a segunda quenda e, con sanción incluída, perdeu unha posición que deixaba a España fóra do podium, pero Alberto González logrou remontar unha posición e garantir así a medalla de bronce para España. Ouro para Rusia e prata, para Gran Bretaña. Na categoría feminina, sen participación galega, España tamén logrou o bronce.

Ouro, relevos mixtos sub 23. O campionato de Europa finalizou coa disputa do torneo de Relevos Mixtos Sub23, no que España acadou a medalla de ouro. O equipo estaba formado ao 50 por cento por galegos (Melina Alonso e Uxío Abuín).

Non foi un triunfo sinxelo para España. Houbo que traballalo e moito, sobre todo cos belgas, cos que houbo un enfrontamento directo durante as tres primeiras quendas nas que ían case da man. Miriam Casillas fixo o primeiro relevo e ía na cuarta posición, pero Uxío Abuín cun espectacular traballo (fixo o mellor parcial de todos os participantes), recuperou e entregou na segunda posición a Melina, empatado cos belgas. Melina realizou un moi bo parcial e rematou o traballo Ricardo Hernández. Ao final, triunfo para España cun tempo total de 1:12:37, mentres que prata foi Rusia (1:12:58) e bronce para Bélxica, que ao final se fundiu.

 

 

 

Quizáis che interese…