UXÍO ABUÍN, SÉTIMO E MELINA ALONSO, OITAVA NO EUROPEO SUB 23

29 de Xuño de 2014

Uxío Abuín e Melina Alonso lograron entrar no top-ten do Europeo sub 23 que se disputou en Penza (Rusia) e desa forma poderán acudir ao Mundial da categoría. Uxío Abuín acadou a sétima posición e Melina Alonso foi oitava.

 Na proba masculina, Uxío estivo entre os mellores durante toda a proba. Saíu cos primeiros da auga, e se mantivo na cabeza en bicicleta. So perdeu algunhas posicións na carreira a pe, pero acadou unha moi boa sétima posición. Pola súa parte, Ricardo Hernández ocupou a décimo segunda posición, mentres que Nan Oliveiras abandonou.

Na carreira feminina, Melina Alonso tamén rendeu a un altísimo nivel. Fixo unha gran natación, unha espectacular bicicleta e só baixou un pouco na carreira a pe. Aínda así, logrou unha oitava posición no Campionato de Europa e a clasificación para o Mundial. A súa compañeira de equipo, Miriam Casillas foi cuarta clasificada.

 

As distancias serán olímpicas (1.500 de natación, 40 quilómetros de ciclismo e 10 de carreira a pe) e hai que recordar que o pasado ano Uxío Abuín rozou o podio, ao rematar na cuarta posición.

 

 

 

Quizáis che interese…