UXÍO ABUÍN, QUINTO NA COPA DE EUROPA DE EGIRDIR

17 de Agosto de 2015

O galego Uxío Abuín obtivo esta fin de semana unha magnífica quinta posición na Copa de Europa de Tríatlon en Egirdir (Turquía).

Abuín mantivo un nivel moi regular durante a competición, saíndo da auga do lago de Egirdir nas primeiras plazas despois de facer 1500 metros. O galego tamén destacou na carreira a pe, na que logrou o quinto mellor parcial.

Así, Abuín alcanzou o quinto posto final cun rexistro de 02:02:03, tras ofrecer un bo papel na localidade turca situada na provincia de Isparta.

O triunfo foi para Denis Vasiliev (02:00:38), mentres que segundo foi Oleksiy Syutkin (Ucraína) e Vladimir Turbayevskiy (Rusia) completou o podio en terceiro lugar.

Resultados

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.