CRISTÓBAL RODRÍGUEZ PARTICIPARÁ NO EUROPEO DE PÉNTATLON MODERNO EN GRAN BRETAÑA

19 de Agosto de 2015

O deportista galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo participará a partir de mañá xoves no Campionato de Europa de Péntatlon Moderno, que se está a disputar en Bath (Gran Bretaña) entre os días 17 e 23 de agosto. Cristóbal disputará mañá a semifinal e se logra o pase para a final, esta terá lugar o sábado 22.

 

O pentatleta galego chega a esta competición despois de facer un cambio moi importante na súa preparación. Hai un par de meses abandonou o CAR de Barcelona, xa que os seus problemas de asma non lle deixaban adestrar de forma continuada e non podía render ao máximo nivel nas competicións. Por iso, os técnicos da Federación Española de Péntatlon Moderno decidiron xunto a Cristóbal buscar unha solución nun clima diferente e o deportista trasladouse a Galicia. Dende hai dous meses está a traballar a carreira no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra xunto ao adestrador Omar González e xa comeza a notar melloría. Ademais, traballa a esgrima en xunto ao mestre nacional Manel Villadóniga e o club coruñés 100Tolos.

 

En Bath volverá a competir co obxectivo de meterse na final, entre os 36 mellores deportistas. En total hai 92 pentatletas inscritos no Europeo, nun ano moi importante por ser o previo á celebración dos Xogos Olímpicos de Río. Xunto a Cristóbal estará a seleccionadora galega de péntatlon moderno, Ruth Ballesteros.

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...