O próximo lúns día 6 de Decembro, estaremos en Carballedo no Concello Cerdedo – Cotobade para a disputa da última proba do Circuíto Galego Xunta de Galicia de Dúatlon Cros, onde se decidirán os próximos campións galegos da disciplina.
O percorrido, tanto de carreira coma de bicicleta, terá un 30% de asfalto e un 70% de camiños e pistas de terra e monte, considerándose a proba de dificultade técnica media/baixa e dificultade física media, aínda que poden verse incrementadas en función das condicións meteorolóxicas.
Sobre unha distancia de 5,8 kilómetros de carreira a pé con dúas voltas ao circuito, 18 kilómetros de BTT con 3 voltas ao circuito e finalizando con 2,9 kilómetros de carreira a pé, a proba dará comezo ás 11 horas para a categoría masculina e 5 minutos máis tarde para a categoría feminina.
Os deportistas deberán estar na cámara de chamadas, diante da súa bicicleta, 10 minutos antes da súa saída.
Só poden acceder a zona de competición as persoas acreditadas:
– Deportistas inscritos/as
– Persoal técnico acreditado
– Organización
– Oficiais
– Persoal acreditado
Para poder acceder haberá que presentar a licenza ou DNI ao persoal de seguridade de control mostrar a certificación de pauta completa de vacinación e entregar o formulario de responsabilidade
individual que deberá levar cuberto. DESCARGAR