Verónica Montes e Brais Misa, vencedores do Duatlón Cross de Ribadumia

12 de Xaneiro de 2014

Verónica Montes (Trinity Tríatlon) e Brais Misa (independente) proclamáronse hoxe vencedores do II Duatlón Cross de Ribadumia, nunha proba marcada pola intensa choiva.

Na categoría feminina, Montes foi a gañadora cunha enorme superioriedade (1:57:55), mentres que Silvia García (Mar de Vigo) foi segunda e terceira Lorena García (Mar de Vigo).

Na categoría masculina houbo certa sorpresa, ao proclamarse vencedor Brais Misa (licenza dun día) cun tempo de 1:30:07. Foi o máis regular, loogrando o segundo parcial na carreira a pe, o quinto posto na bicicleta e o primeiro no último segmento. En segunda posición, Marcos Mayo (Monte Abaixo) a só trece segundos e terceiro Miguel Ángel Arias (Team Corbelo).

Clasificación Ribadumia

 

Quizáis che interese…