VIVEIRO ACOLLE O DOMINGO 11 O GALEGO DE TRÍATLON POR EQUIPOS RELEVOS MIXTOS

9 de Setembro de 2016

O domingo 11 de setembro celebrarase en Viveiro a primeira edición do Campionato Galego de Tríatlon por equipos relevos mixtos. Ademais, ese mesmo día tamén terá lugar o Tríatlon Popular de Viveiro con máis de 70 inscritos.

Pola mañá (11:00 horas) celebrarase o Galego de relevos mixtos, no que será a súa primeira edición. É unha proba moi emocionante para o público, na que os equipos están formados por catro integrantes (dous homes e dúas mulleres). Cada deportista terá que facer un mini tríatlon (250 metros de natación, 8 quilómetros de ciclismo e 1.500 metros de carreira a pe) e dar a quenda ao seu compañeiro. A primeira en saír será unha muller, que cederá o paso a un home a así sucesivamente.

No galego están inscritos 11 equipos e parecen como favoritos para loitar polo título, o Tríatlon Ferrol, o Tri-Penta Terras de Lugo ou o Arcade Inforhouse, que presentan equipos moi competitivos, aínda que por ser unha proba novidosa pode haber sorpresas.

Pola tarde (16:30 horas) disputarase o Tríatlon Popular de Viveiro con máis de 70 participantes. As distancias serán de 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pe.

Quizáis che interese…

Challenge Mogán Gran Canaria

Challenge Mogán Gran Canaria

LoChallenge Mogán Gran Canaria Mañá sábado 24 de Abril, Pablo Dapena e Ivan Raña competirán cos millores triatletas de...