O Comité Galego de Xuíces e Oficiais da FEGATRI continúa coas súas actividades de formación para enfrontar coa maior calidade, o gran número de competicións autonómicas, nacionais e internacionais que se disputarán en Galicia en 2020.
Realizado o curso de Oficiais Nivel 1 en Pontevedra o pasado 11 e 12 de xaneiro, onde se formaron 17 oficiais que ao longo da tempada se irán incorporando á competición, unha vez realizadas as súas prácticas; tócalle agora quenda á actualización do resto do colectivo en activo.
XORNADAS DE ACTUALIZACIÓN DE OFICIAIS 2020
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Data: Domingo, 2 de febreiro de 2020
Hora: 10:00 a 14:30
Lugar: “Estadio Vero Boquete de San Lázaro”
PROGRAMA
– Avaliación tempada 2019
* Valoración da tempada. Revisión e actualización de Procedementos.
– Revisión de regulamentos. Cambios e actualización.
– Planificación da tempada 2020.
* Competición Autonómica
* Probas Escolares
* Probas sen drafting
* Competición Nacional
* Probas internacionais (Paratríatlon)