O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON POR RELEVOS CONTARÁ CON 269 EQUIPOS

21 de Maio de 2016

Un total de 269 equipos participarán mañá en Pontevedra no Campionato de España de Tríatlon por Relevos, unha modalidade moi atractiva e explosiva cara ao público. Con esta proba porase punto e final a unha fin de semana chea de alicientes deportivos, a pesar de que o tempo non acompañou en exceso.

A xornada comezará ás 09:00 horas coa disputa da modalidade escolar, no que participarán un total de 74 equipos (27 femininos e 47 masculinos). A continuación celebrarase a proba Open, para os segundos equipos dos clubs. En elite só pode participar un equipo por club, así que o resto poden disputar a proba Open e con tantos equipos como desexen. A proba open masculina comezará ás 10:20 con 63 equipos inscritos. A categoría open feminina celebrarase case a vez que elite. En primeiro lugar darase a saída a proba elite (11:40 horas) con 45 equipos, mentres que a Open feminina saírá tres minutos máis tarde con 20 equipos. O campionato finalizará coa proba elite masculina (13:00 horas), na que participarán 67 equipos. Así, en total haberá 260 equipos e 807 deportistas.

O Campionato de España de Tríatlon por Relevos, no que os equipos están formados por tres deportistas e cada un deles realizará un tríatlon en distancia super sprint (250 metros de natación, 6 quilómetros de bicicleta e 1,6 de carreira a pe) e da a quenda ao seu compañeiro. Deste xeito, o primeiro en entrar en meta, será o campión de España.

Universidade de Alacante (masculina) e Tríatlon Ferrol (feminino) foron os campións do pasado ano e este ano volven como favoritos a loitar polo podio. Pero seguro que non o terán fácil. As rapazas do Ferrol teñen enfronte á duros equipos coma o Cidade de Lugo, FastTriatlon-Montjuic e Diablillos de Rivas, entre outros.

Na categoría masculina, Universidade de Alacante chega o aval dos resultados da Copa, e para subir ao máis alto do podio  terá que superar á Tri-Penta Terras de Lugo, FastTriatlón, Arcade Inforhouse, Diablillos de Rivas.

Horarios:

 

9:00 | Campionato de España de Tríatlon por Relevos – Saída Idade Escolar Masculino

9:03 | Campionato de España de Tríatlon por Relevos – Saída Idade Escolar Feminino

10:20 | Campionato de España de Tríatlon por Relevos – SaídaOpen Masculino

11:40 | Campionato de España de Tríatlon por Relevos – SaídaElite Feminino

11:43 | Campionato de España de Tríatlon por Relevos – Saída Open Feminino

13:00 | Campionato de España de Tríatlon por Relevos – Saída Elite Masculino

14:30 | Entregas de medallas

Quizáis che interese…