SUSANA RODRÍGUEZ, BRONCE NO MUNDIAL DE PARATRÍATLON DE EDMONTON

31 de Agosto de 2014

A viguesa Susana Rodríguez Gacio, xunto á súa guía Mayalen Noriega, acadou unha meritoria medalla de bronce, na categoría PT5 feminina (para deportistas con discapacidade visual), no Campionato do Mundo de Paratríatlon, que se celebrou onte en Edmonton (Canadá). Foi unha proba moi competida, que se decidiu na carreira a pe, na que a más forte foi a británica Alison Patrick, quen desbancou ás dúas favoritas para proclamarase campioas do mundo, Melissa Reid e Susana Rodríguez.

A proba comezou co sector de natación, no que se impuxo con certa comodidade Melissa Reid, mentres que Susana saíu na segunda posición da auga, seguida a só un segundo por Patrick. Pero xa na transición equilibráronse moito as forzas e saíron case xuntas para facer os máis de 20 quilómetros de bicicleta. No ciclismo o trío destacouse do resto de competidoras e deixaron para a carreira a pe a disputa das medallas. E neste último sector foi máis forte Alison Patrick, que acadou o título de campioa do mundo cun tempo de 01:09:49. A segunda posición foi para Melissa Reid (01:10:09), mentres que o bronce foi para Susana Rodríguez (01:11:38).

Desta forma, Susana Rodríguez despídese de Edmonton con dúas medallas. O mércores logrou aprata no Mundial do Acuatlón paralímpico, e onte ese bronce no Campionato do Mundo de Paratríatlon.

A proba desenvolveuse na distancia sprint: Tiñan que facer fronte a un circuíto formado por 750 metros de natación, seguidos de catro voltas de 5,1 quilómetros ciclistas por un sector eminentemente plano polas aforas do parque Emily Murphy Hill, cunha elevación de 30 metros ao longo de 400 metros. E finalizaron con 4,6 quilómetros de carreira a pé polos arredores do parque.

Quizáis che interese…