Convocatoria Encontro Nacional de Menores- Huesca 2026 (Prazas autonómicas)

7 de Maio de 2026

A Federación Española de  Tríatlon  ,  celebrará esta tempada o “Encontro Nacional de Menores 2026”, entre os días  1 e o 5 de xulllo, en Huesca.  O encontro, dirixido a deportistas da categoría Infantil (2013/2014)  con licenza federativa en vigor, ten como obxectivo é visibilizar e fomentar a práctica deportiva de deportistas menores, aproveitando as contornas que ofrece España para o noso deporte.

A FEGATRI conta con dúas prazas masculinas e dúas femininas  reservadas cuxa inscrición financiará (  a inscrición cubre o aloxamento e manutención, non gastos nin organización da viaxe que irá por conta da persoa deportista).

A solicitude enviarase por correo electrónico a fegatri@hotmail.com, cubrindo os formularios que tedes máis abaixo.

A inscrición libre no encontro abrirase por parte da FETRI o xoves 7 de maio de 2026. Calquera deportista poderá inscribirse independientemente de que solicite ou non a praza á FEGATRI.

No caso de que a praza se outorgue a unha persoa xa inscrita esta solicitará a FETRI  a devolución do importe aboado e a FEGATRI pasaría a asumir o gasto directamente.

De cara a seleccionar ás persoas deportistas para outorgar as prazas autonómicas reservadas no evento (2 deportistas masculinos e 2 femininas da categoría infantil), ábrese por parte da FEGATRI un prazo de solicitude  ata o próximo martes, 12 de maio.

PRAZO PARA ENVIAR AS PROPOSTAS DOS CLUBS 

Ata o martes 12 de maio.

Criterios de Resolución e incompatibilidades 

Corresponde á Dirección Técnica resolver a convocatoria que outorga as prazas para asistir ao encontró en base ao criterio técnico de competencia e interese deportivo.

A asistencia ao encontro será incompatible coa convocatoria da selección escolar.

Ver convocatoria

 

DATOS DEPORTISTAS CATEGORÍA INFANTIL

NOME E APELIDOS
Nº LICENZA
CLUB
TELÉFONOS DE CONTACTO
EMAIL

 

As solicitudes para as prazas autonómicas reservadas e financiadas pola FEGATRI deben enviarse a fegatri@hotmail.com ata o próximo martes 12 de maio cubrindo os  formularios anteriores.

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.