70 EQUIPOS DARANSE CITA EN VILAGARCÍA NO CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON POR EQUIPOS CONTRA O RELOXO

11 de Maio de 2017

70 equipos e case catrocentos deportistas participarán en Vilagarcía o domingo 14 de maio no Campionato Galego de Tríatlon por equipos contra o reloxo. Ademais do Galego absoluto, tamén se celebrará o Campionato Escolar e unha proba open.

Nesta modalidade de contra o reloxo, os equipos van saíndo de xeito escalonado cada minuto, e estarán compostos por entre 4 e 6 compoñentes, que terán que disputar a proba agrupados. Ao final contara en meta o tempo do cuarto integrante do club, despois de completar un percorrido de 750 metros de natación,  20 quilómetros en bicicleta e 2,5 quilómetros. A saída, transición e meta estarán instaladas no Peirao de pasaxeiros do Porto de Vilagarcía. Na categoría masculina están inscritos 23 equipos, mentres que na feminina hai 8.

A saída do primeiro equipo escolar realizarase ás 10:00 horas e as distancias neste campionato serán de 300 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 2 quilómetros de carreira a pe.

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.