A viguesa Susana Rodríguez (Mar de Vigo) participará hoxe na Serie Mundial de Paratriatlon que se celebra en Yokohama (a partir das 00:00 do sábado 13 en Galicia, 7 da mañá en Yokohama) na categoría PTVI (para deportistas con discapacidade visual). Susana competirá xunto á súa guía Mabel Gallardo.
Será unha importante proba para a nosa paratriatleta xa que se enfrontará a deportistas tan duras como as británicas Melissa Reid ou Alison Patrick. As distancias serán de 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pe. Susana xa competiu na proba das Series Mundiais de Gold Coast, onde acadou a medalla de prata.