Dominio absoluto de Galicia no Campionato de España de Triatle, celebrado hoxe en A Coruña na darsena da Mariña e na zona do Parrote. Cristobal Rodríguez Fidalgo deu un autentico recital dobrando a todos os participantes.
Nesta modalidade os deportistas teñen que natación e combinada (correr e tirar). Medalla de ouro para Carla Cortón en prebenxamín e mesmo metal para Leo Sánchez, tamén nesta categoría. En benxamín feminino, ouro para Mireia Vázquez e prata para Enya Sánchez; mentres que en masculino, ouro para Héctor López e prata para Manuel Cobas.
En infantil feminino, ouro para Claudia Gámez e prata para Mercedes Vila. En infantil masculino, ouro para Óscar López e prata para Alejandro Vázquez. En cadete feminino, ouro para Andrea Vidal e prata para Paula Corredoira.
En xuvenil feminino, prata para Yolanda Rodríguez e bronce para Esperanza Cobas. A campioa de España feminina foi Maria Carnero Heres, de Asturias.