Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo) clasificouse no Top-15 do Campionato de Europa de Tríatlon de Media Distancia disputado este 10 de xuño en Herning (Dinamarca).
O galego do Tri-Penta Terras de Lugo cruzou a liña de meta en 13ª posición, parando o crono en 4:07:05. Unha competición que consistiu nun primeiro segmento de 1,9 km de natación polo lago Fuglsang, seguidos de 90 km ciclistas, para terminar cun terzo final de 20,8 km de carreira a pé.
Tras coroarse campión galego de media distancia 2017 hai unhas semanas en Sanxenxo e conseguir a novena praza no nacional celebrado en Pamplona no mes de maio, Cristóbal protagonizou unha meritoria actuación, mantendo un nivel moi regular en terras danesas. O deportista da Estrada estaba satisfeito ao remate da proba, a pesar de que as sensacións non foron as mellores.
O triunfo foi para o alemán Patrick Dirksmeier (3:49:27), seguido polos daneses Anders Christensen (3:52:09) e Miki Mørck Taagholt (3:52:39); prata e bronce respectivamente.
Resultados: http://live.ultimate.dk/desktop/front/index.php?eventid=3389&ignoreuseragent=true