Resultados Mundial de Biathle Viveiro

24 de Setembro de 2017

Tomas Svoboda e Eliska Pribylova (ambos da República Checa) lograron hoxe en Viveiro o título de campións do Mundo sénior de Biathle. Foi na última xornada do Mundial de Biathle e Triathle, que reuniu en Galicia a máis de 500 deportistas de todas as idades e que representaban a 22 países.

Na categoría júnior, proclamouse campioa do mundo a española Paula Herrero, mentres que Aroa Freije notou o cansanzo do día anterior e rematou na sétima posición. Na proba masculina, acadou o título mundial Ayan Bisenbayeu (Kazajistán). Raúl Blanco foi 15º.

No seguinte enlace tedes todos os resultados.

Resultados Viveiro

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.