MARTÍN CARRERA E EDYMAR BREA, CAMPIÓNS GALEGOS DE TRÍATLON SEN DRAFTING EN BAIONA

3 de Xuño de 2018

Martín Carrera (Náutico de Riveira) e Edymar Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse hoxe en Baiona vencedores do Campionato Galego de Tríatlon Standar sen Drafting 2018 e do IV Tríatlon Atlántico. 

Martín cimentou a súa vitoria en dous sectores: a natación e a carreira a pe. O triatleta do Natación Riveira foi o mellor na natación e volveu realizar o mellor parcial na carreira a pe, o que lle permitiu ser primeiro en meta e cunha ampla vantaxe sobre o segundo clasificado. Desta forma, o podio quedou formado por Martín Carrera (1:57:36), segundo foi o deportista do Cidade de Lugo Fluvial, Alejandro Álvarez (2:00:03) e terceiro, Jacobo Crego (Olímpico de Vedra) cun tempo de 2:00:27.

Na categoría feminina houbo unha absoluta dominadora da proba, que foi a venezolana asentada en Galicia, Edymar Brea. Só houbo un  chisco de emoción na natación, onde Edymar foi terceira clasificada, pero no segmento de ciclismo estivo abafadora e rematou a súa exhibición nunha carreira a pe imparable.

A incerteza chegou ao remate da proba, xa que os xuíces a descualificaron por non parar nun penalti box tras recibir unha tarxeta amarela. Sen embargo, a deportista reclamou esa tarxeta e foi estimada a súa reclamación. Desta forma, o podio feminino quedou formado por Edymar Brea (2:10:52), María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial) foi segunda clasificada (2:23:03) e Aída García (Tríatlon Rías Baixas) foi bronce, cun tempo de 2:23:50.

Os resultados noutras categorías foron os seguintes:

  • Júnior: Cristina Torres (Mar de Vigo)
  • Sub 23: Edymar Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) e Martín Carrera (Natación Riveira)
  • Veteran@ 1: María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial) e Ricardo Rey (NoSportLimit)
  • Veteran@ 2: María José Velázquez (Tríatlon Vao) e Antonio Vidal (Arcade Inforhouse)
  • Veteran@ 3: Francisco Acosta (Tríatlon Vilagarcía)

O Campionato Galego disputouse sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 quilómetros de carreira a pe) con saída dende a praia de A Barbeira. A principal característica desta proba é que está prohibido ir a roda doutro ciclista ou circular en pelotón.

CAMPIONATO GALEGO OLIMPICO SEN DRAFTING BAIONA 2018

TRIATLON ATLANTICO 2018

 

 

Quizáis che interese…