UXÍO ABUÍN, INÉS SANTIAGO E IRIA RODRÍGUEZ, NA COPA DO MUNDO DE AMBERES

15 de Xuño de 2018

Os galegos Uxío Abuín, Inés Santiago e Iria Rodríguez participarán o domingo 17 de xuño na Copa do Mundo de Amberes (Bélxica).

A proba celebrarase sobre a distancia sprint, polo que os participantes terán que facer 750 metros de natación, 22,6 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe.

A proba masculina comezará ás 15:00 horas coa presenza de Uxío Abuín, que xa está a un bo nivel, despois dun inicio de tempada complicado por lesións que lle impediron facer unha boa preparación. Na última copa do mundo, en Cagliari, rematou na décima posición. En Bélxica parte co dorsal 2, por detrás do local Van Riel.

Na categoría feminina (17:00 horas) contamos con Inés Santiago e Iria Rodríguez. Inés non está a facer bos resultados en probas internacionais e quere cambiar isto, mentres que para Iria será a súa primeira Copa do Mundo. Así a triatleta do Cidade de Lugo Fluvial enfronta a proba con moita ilusión e algúns nervios, aínda que sen presión porque o obxectivo é aprender.

 

Quizáis che interese…