Aida Valiño coróase en Portugal

aida valiño en camiña

5 de Outubro de 2020

Este fin de semana celebrouse o Triatlon de Camiña no Norte de Portugal coa participación de varios triatletas galegos entre os que cabo destacar a excelente actuación de Gustavo Rodríguez e Aida Valiño.

Valedero para o Campionato Ibérico de Media Distancia e Campionato nacional de triatlon de media distancia, o triatlon de Camiña tivo unha gran participación de triatletas portugueses de gran nivel.

Gustavo Rodríguez acadou unha meritoria terceira posición despóis de sufrir moito durante toda a carreira por mor dunha caída sufrida a semana pasada no Campionato de España de Triatlón en Bilbao.

aida valiño en camiña

Aida Valiño voltou a competir na media distancia, despóis da sua excelente posición a semana pasada en Bilbao, mantendo un gran nivel durante os tres sectores acadando a victoria final por diante da portuguesa Raquel Rocha e de Esther Rodríguez do Arcade Inforhouse.

A triatleta do Mar de Vigo Cristina Torres acadou a victoria no triatlón Olímpico que se celebrou paralelo a proba de Media distancia.

Podes consultar os resultados da proba na páxina web do Triatlón de Camiña.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.