BRAIS CANOSA E AIDA VALIÑO, CAMPIÓNS GALEGOS DE DUATLÓN

29 de Marzo de 2014

Brais Canosa (Arcade Inforhouse) e Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse hoxe campións galegos de Duatlón, no XII Duatlón Cidade de Santiago. Na proba masculina gañou o Duatlón Cidade de Santiago Alexis Rodríguez (Cidade de Lugo), que non é galego.

Na proba feminina, na primeira volta da carreira a pe marchaban por diante Carla Castaño (Arcade Inforhouse), Camila Alonso (Tríatlon Ferrol) e Aída Valiño (Cidade de Lugo), pero a lucense moi pronto foi capaz de deixar atrás ás súas compañeiras de escapada e marchou a pola vitoria. Así, fixo en solitario a bicicleta e o segundo tramo de carreira a pe para chegar a meta cun tempo de !:04:19. Por detrás, retiráronse Camila Alonso (en primeiro lugar) e despois Carla. Así, a segunda posición da proba foi para a asturiana Beatriz Tenreiro do Cidade de Lugo  (1:07:52), mentres que terceira clasificada foi Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo) cun tempo de 1:09:24. O podio do Campionato galego completouse con María Martínez (Atletismo Porriño) que foi bronce. En clubs femininos, proclamouse campión o Cidade de Lugo Fluvial.

Na categoría masculina, comezou mandando Alexis Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial), mentres que por detrás estaban Brais Canosa (Arcade Inforhouse) e Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) a pouco distancia. Na bicicleta lograron achegarse e incluso houbo un momento no que parecía que se quedaba atrás Alexis, pero ao final foi el quen marchou por diante, mentres que Gustavo e Brais tiveron que decidir o título de campión galego. Alexis logrou a vitoria no Duatlón de Santiago (55:09), mentres que o Galego se decidiu nos últimos 50 metros, nos que Brais logrou impoñerse ao sprint cun tempo de 55:49. Gustavo foi prata (55:57), mentres que o bronce foi para José Manuel Pardo (Muralla de Lugo) cun tempo de 56:41. En clubs, gañou o Cidade de Lugo.

Quizáis che interese…