AROA FREIJE E RAÚL BLANCO DISPUTARÁN ESTA SEMANA O CAMPIONATO DO MUNDO XUVENIL EN BUDAPEST

13 de Maio de 2014

 Os galegos Aroa Freije e Raúl Blanco participarán esta semana no Campionato do Mundo Xuvenil que se celebrará en Budapest (Hungría).  Os deportistas viaxaron o luns co obxectivo de meterse na final e despois tentar o mellor posto posible.

 No Campionato do Mundo participarán 200 deportistas de 36 países e ao longo de seis días haberá varias probas: Competición por equipos masculino e feminino, competición individual masculina e feminina y relevos mixtos.

Mañá mércores celebrarase a proba de equipos, pero os galegos comezarán a competir o xoves. Aroa Freije disputará a semifinal coa firme intención de lograr o pase para a final (so pasan as 36 mellores). O obxectivo da galega é quedar entre as dez primeiras, aínda que será complicado porque competirá unha categoría superior a que lle corresponde por idade (ela aínda é cadete) e iso se aprecia. Sobre todo na esgrima, que foi a última modalidade en incorporar. Desta forma, a clave estará na competición de esgrima.

O venres chegará a quenda para Raúl Blanco na semifinal  masculina, que buscará o pase para a final. As finais celebraranse o sábado 17 (feminina) e domingo 18 (masculina). O Mundial finalizará coa proba de equipos mixtos o luns 19 de maio.

Hai que recordar que Aroa está realizando unha tempada excepcional, logrando o triunfo na Copa de Europa de Portugal, mentres que na de Cataluña foi bronce e en Birmingham, sexta. Estes resultados colocaron a deportista do Tri-Penta Terras de Lugo na cuarta posición do ránking mundial para os Xogos Olímpicos da Xuventude.

Pola súa banda, Raúl tamén está facendo unha boa tempada, na que destaca o bronce acadado na Copa de Europa de Portugal. Na Copa de Cataluña estivo máis discreto (16º), despois dunha esgrima frouxa.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.