O sábado 24 de maio celebrase en Santander a terceira proba clasificatoria para o Campionato de España de Péntatlon Moderno de Categorías Menores, torneo ao que a Federación Galega desprazará a unha competitiva selección galega. O Campionato de España celebrarase a primeira semana de xuño.
Esta será a terceira proba clasificatoria, xa que con anterioridade celebrouse unha en Lugo (organizada en tempo récord para cubrir a de Burgos, que se anulou no último momento) e outra en Cataluña. Os benxamíns, alevíns e infantís realizaron as probas de natación e combinada (carreira e tiro); mentres que os cadetes e xuvenís xa incorporan a especialidade de esgrima.
A continuación, tedes a convocatoria galega para este torneo.
| Nome | Apelidos | Comunidade | Categoría |
| AROA | FREIJE TORNEIRO | GALICIA | CDF |
| YOLANDA | RODRÍGUEZ FIDALGO | GALICIA | CDF |
| LÚA | VIDAL LAMAS | GALICIA | CDF |
| MARTÍN | FREIJE TORNEIRO | GALICIA | INM |
| ESTEBAN | BASANTA FOUZ | GALICIA | ALM |
| ANDREA | VIDAL LAMAS | GALICIA | INF |
| JAVIER | PENA CUESTA | GALICIA | INM |
| LUCAS | PENA CUESTA | GALICIA | ALM |
| CLAUDIA | GÁMEZ BENÍTEZ | GALICIA | BXF |
| MANUEL | SOTELO FERNÁNDEZ | GALICIA | INM |
| MARTÍN | PARDO PERNAS | GALICIA | ALM |
| MERCEDES | VILA VEIGA | GALICIA | BXF |
| ÓSCAR | LÓPEZ SAAVEDRA | GALICIA | BXM |
| AINHOA | CORRAL GALLEGO | GALICIA | BXF |
| RAÚL | BLANCO | GALICIA | XVM |



