A cidade da Coruña acollerá o sábado 24 de maio o Campionato Galego de Tríatlon de Media Distancia-Hércules XTRM, cunha inscrición cercana aos 400 deportistas.
No campionato haberá unha proba individual e dúas de relevos (con dous e tres compoñentes). O campionato individual comezará ás 15:30 con case trescentos inscritos, mentres que ás 15:40 comezarán as probas de relevos con 10 equipos de relevos con 2 participantes e 29 equipos con 3 participantes.
As distancias da proba son 1,9 quilómetros de natación, 90 quilómetros de bicicleta (sen drafting) e 21,1 de carreira a pe. Unha das principais características da proba é que descorrerá por un circuíto urbano, algo pouco habitual nestas distancias.
Entre os inscritos destaca a presenza de Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial) e José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo), que lograron o triunfo no “Desafío Illas Cíes”, sobre esta mesma distancia. Ademais, tamén estarán Pedro Esmorís (Muralla), Javier Nercellas (Arcade Inforhouse), Óscar Vicente (que non compite con licenza galega), mentres que en chicas Beatriz Tenreiro (asturiana) ou Balbina Tarrío (A.D. Fogar).
Galego 2013. Iván Cáceres e Lucía Pérez proclamáronse gañadores do Aviamán 2013, que era tamén o Campionato Galego de Tríatlon de Longa Distancia e no que participaron máis de 100 deportistas. Desta forma, Iván logrou o título de campión galego, pero na categoría feminina a campioa galega é Blanca Lavandeira (Mar de Vigo), xa que Lucía Pérez non é galega.