O DOMINGO 22, CLASIFICATORIO PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA EN RIVEIRA

20 de Xuño de 2014

O domingo 22 celebrarase o II Tríatlon Concello de Riveira, que será clasificatorio para o Campionato de España de Tríatlon na distancia olímpica, coa participación de 200 deportistas. En total son tres probas clasificatorias e a de Riveira será a única que se celebrará no norte de España, polo que haberá deportistas de Asturias, León, Cantabria e Galicia.

A proba de elite feminina comezará as 09:00 horas, mentres que a masculina sairá 10 minutos máis tarde, e as distancias serán de 1.500 metros de natación, 40 de bicicleta e 10 de carreira a pe. Haberá unha destaca participación, coma Brais Canosa (Arcade Inforhouse), Lucas Escaneo (Tríatlon Morrazo), Diego Paz (Arcade Inforhouse), Brais Misa (Atletismo Porriño), Marta Barbeito (A.D. Fogar), María Martínez (Atletismo Porriño) ou Silvia Veira (Arcade Inforhouse). Ademais celebrarase a proba popular (12:00 horas) con distancias menores 300 metros – 40 quilómetros – 2,5 qm.).

Tríatlon de Menores en Ferrol. O sábado 21 celebrarase o Tríatlon de Menores en Ferrol coa participación de case 200 participantes (189).  Será a primeira das probas do circuíto para as categorías menores que se celebran en Galicia esta tempada. Posteriormente terá lugar a proba de Pontevedra (12 de xullo), mentres que a Final Galega será en Viveiro o 20 de xullo.

As distancias serán diferentes, dependendo da categoría: Benxamín (100 metros natación – 2 quilómetros en bicicleta – 500 metros de carreira a pe); alevín (200 m. – 4 qm. – 1 qm.);  infantil (300 m. – 8 qm. – 2 qm.) e cadete (500 m. -10 qm. – 3 qm.). A saída, transicións e meta estarán instaladas no Porto de Ferrol.

 

 

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.