SUSANA RODRÍGUEZ, CAMPIOA DE EUROPA DE PARATRIATLON NA CATEGORÍA PT5

21 de Xuño de 2014

A galega Susana Rodríguez proclamouse hoxe campioa de Europa de Paratriatlon en Kitzbühel (Austria), na categoría PT5 (deportistas con impedimentos visuais) nunha emocionante final fronte a británica Melissa Reid.

la foto 3 (2)Susana, que competía xunto a súa guía Mayalen Noriega, saíu da auga na segunda posición, por detrás de Melissa Reid, que defendía o título do 2013. Era máis de 40 segundos para a británica, pero na bicicleta a galega non só logrou alcanzala, senón que foi quen de poñerse en cabeza e con bastante tempo de vantaxe. Pero aínda quedaba a carreira a pe e Reid normalmente é moi rápida no último segmento. Hoxe volveu a facelo para presionar a Susana, que soubo administrar o tempo para chegar a meta na primeira posición cun tempo de 1:12:06. Segunda e medalla de prata foi Melissa Reid (1:12:28) e terceira Alison Patrick (1:14:30).

 

 

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.