A Federación Española de Tríatlon , celebrará esta tempada o “Encontro Nacional de Menores 2026”, entre os días 1 e o 5 de xulllo, en Huesca. O encontro, dirixido a deportistas da categoría Infantil (2013/2014) con licenza federativa en vigor, ten como obxectivo é visibilizar e fomentar a práctica deportiva de deportistas menores, aproveitando as contornas que ofrece España para o noso deporte.
A FEGATRI conta con dúas prazas masculinas e dúas femininas reservadas cuxa inscrición financiará ( a inscrición cubre o aloxamento e manutención, non gastos nin organización da viaxe que irá por conta da persoa deportista).
A solicitude enviarase por correo electrónico a fegatri@hotmail.com, cubrindo os formularios que tedes máis abaixo.
A inscrición libre no encontro abrirase por parte da FETRI o xoves 7 de maio de 2026. Calquera deportista poderá inscribirse independientemente de que solicite ou non a praza á FEGATRI.
No caso de que a praza se outorgue a unha persoa xa inscrita esta solicitará a FETRI a devolución do importe aboado e a FEGATRI pasaría a asumir o gasto directamente.
De cara a seleccionar ás persoas deportistas para outorgar as prazas autonómicas reservadas no evento (2 deportistas masculinos e 2 femininas da categoría infantil), ábrese por parte da FEGATRI un prazo de solicitude ata o próximo martes, 12 de maio.
PRAZO PARA ENVIAR AS PROPOSTAS DOS CLUBS
Ata o martes 12 de maio.
Criterios de Resolución e incompatibilidades
Corresponde á Dirección Técnica resolver a convocatoria que outorga as prazas para asistir ao encontró en base ao criterio técnico de competencia e interese deportivo.
A asistencia ao encontro será incompatible coa convocatoria da selección escolar.
DATOS DEPORTISTAS CATEGORÍA INFANTIL
| NOME E APELIDOS | |
| Nº LICENZA | |
| CLUB | |
| TELÉFONOS DE CONTACTO | |
As solicitudes para as prazas autonómicas reservadas e financiadas pola FEGATRI deben enviarse a fegatri@hotmail.com ata o próximo martes 12 de maio cubrindo os formularios anteriores.



