O tríatlon foi protagonista da gala do Deporte Galego do ano 2014. Javier Gómez Noya (campión do mundo 2014) recibiu o premio ao mellor deportista masculino do ano, mentres que Susana Rodríguez Gacio (campioa do mundo de paraduatlón e de Europa de tríatlon) foi a mellor deportista con discapacidade. Susana puido recoller o seu premio, pero Javi atópase en Australia, onde competirá esta fin de semana, polo que tivo que recoller o agasallo o seu pai.
Cidade de Lugo Fluvial feminino e Peñota Dental masculino pechan a tempada das Ligas Nacionais de Tríatlon en Arenales del Sol
As Ligas Nacionais de Tríatlon Iberdrola e Suzuki puxeron o punto e final á tempada esta fin de...





