A FEDERACIÓN GALEGA RECORDA A NECESIDADE DE MANTER AS DISTANCIAS DE SEGURIDADE COS CICLISTAS NA ESTRADA

15 de Maio de 2015

A Federación Galega de Tríatlon, ante a nova onda de atropelos a ciclistas nas estradas, volve a recordar aos condutores a necesidade de manter as distancias de seguridade entre os vehículos e as bicicletas.

Ese metro e medio pode ser decisivo para previr a existencia de accidentes que, normalmente, teñen terribles consecuencias para os ciclistas, que son os máis fráxiles nestas situaciones. O accidente de Aida Valiño ou os dos ciclistas de Arteixo, Mos ou Porriño,  volven recordarnos a necesidade de ser respectuosos nas estradas, mantendo as distancias de seguridade obrigatorias (1,5 metros).

Así, recordando o lema da campaña da Federación Galega de Tríatlon, “Non máis bágoas: Respecta o seu espazo”.

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.